PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Santiago promociónase en Xapón

fai 12 anos

Turismo de Santiago participa na Jata, principal feira turística do mercado asiático, que se celebra en Tokyo entre o 21 e o 23 de setembro e á que acude regularmente dende o ano 2003. 

A concelleira Reyes Leis en Xapón

Nesta feira manteranse reunións con axencias de viaxes, touroperadores e medios de comunicación xaponeses. Ademais, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, reuniuse xa co embaixador en Xapón, Miguel Ángel Navarro, e da directora da OET en Tokyo, Beatriz Marco.

A concelleira aproveitará a presenza en Xapón para profundizar na colaboración coa cidade de Tanabe, destino do Camiño de Kumano, en base ao protocolo de promoción conxunta entre o Concello de Santiago e o de Tanabe que se asinou no ano 2008. Ambos son os dous únicos camiños de peregrinación declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Esta promoción conxunta permite que o Camiño de Santiago sexa moito máis comprensible para os xaponeses, posto que poden referencialo ao Camiño de Kumano, de longa tradición no país. Grazas a esta colababoración, Turismo de Santiago pode ter material promocional sobre a cidade na propia oficina de información turística de Tokyo.

Turismo de Santiago considera ao mercado xaponés interesante para a cidade por tres razóns: é un mercado cun gran volume de poboación, é un mercado cun alto potencial de crecemento turístico na cidade e é un mercado cun gasto por persoa moi superior á media internacional. O obxectivo é captar a un turista cultural de alto nivel económico para poder aumentar a media de gasto por persoa na cidade.

Gasto turístico

Segundo os datos relativos a xullo de 2012 da “Encuesta de Gasto Turístico” (Egatur), elaborada polo Instituto de Estudios Turísticos, o gasto medio por turista internacional en España entre xaneiro e xullo foi de 950 euros. A enquisa amosa que os gastos medios das persoas procedentes de Xapón foron moi superiores a esta media e moi superiores tamén aos dos principais mercados da cidade.

Así, o gasto por persoa de turistas estadounidenses ata o mes de xuño foi de 2.143 euros, o maior de todos, seguido polos xaponeses que gastaron unha media de 2.007 euros. Séguenlle os rusos con 1.532, alemáns con 948, británicos con 782, italiáns con 730 e franceses con 547 euros.

As estadísticas do INE amosan que no ano 2011 houbo en Santiago 5.473 pernoctacións de turistas xaponeses e que dende o 2007 se superan as 4.000. O obxectivo de Turismo de Santiago é aumentar o número de pernoctacións, profundizando na promoción que se viña facendo regularmente no país.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeClub Financero de Santiago

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeMultiusos Fontes do Sar