Restaurante e catering Calderón: unha experiencia gastronómica para gozar cos cinco sentidos
fai 12 anos
Situado nunha das señoriales casas de rúa Carreira do Conde, fronte á Alameda compostelá, este personalísimo restaurante e o seu chef e alma mater, Siro González, ofrecen unha experiencia gastronómica inesquecible.
O restaurante atópase nunha fermosa casa da rúa Carreira do Conde
Siro González abriu, fai xa máis dunha década, o restaurante Calderón, un espazo moi persoal no que logrou plasmar algunhas das súas principais paixóns: a gastronomía, a música e a arte.
Este “Mestre Recetario” xestiona non só o seu prestixioso e orixinal restaurante no centro de Santiago, senón tamén unha puxante empresa de catering que se caracteriza pola calidade dos seus produtos e un esmerado servizo que converteron a Calderón Catering en presenza habitual nos eventos máis destacados da comunidade autónoma.
Seriedade, profesionalidade, servizo eficaz e elegante e orzamentos axustados ás necesidades do cliente son a marca da casa. Outro punto forte é o seu servizo de asesoramento sobre todo tipo de menús, cócteles, coffe breaks... para calquera celebración, desde vodas ou comuñóns a comidas ou ceas de empresa.
Trátase dun servizo individualizado que ofrece a cada cliente o que quere e necesita. As preparacións culinarias son moi variadas, desde as máis tradicionais a pratos innovadores, pero sempre partindo de produtos de primeira calidade.
O restaurante
A mesma filosofía rexe o restaurante, un espazo único e incomparable posto que non conta cun comedor ao uso nin tampouco reservados, senón con cinco espazos diferenciados, cada un coa súa personalidade, pensados para gozar ao máximo cos cinco sentidos.
A idea deste establecemento é que quen reserva o comedor senta como o auténtico anfitrión dos seus invitados, ofrecéndolles tanto un espazo singular e acolledor como a mellor gastronomía. A música, unha das grandes paixóns de Siro Gonzaléz, é tamén un “ingrediente” esencial nesta contorna, por iso cada comedor leva o nome un xenio da música.
Unha experiencia única que non esquecerá quen decida facer unha parada aquí na súa visita a Compostela.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)