PublicidadeCamara de comercio
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

San Francisco Hotel Monumento unha elección sobresaliente

fai 12 anos

Os clientes da central de reservas Booking deron un 9,2 a este establecemento que se converte nun dos mellor valorados de España. A súa localización a escasos metros da catedral converte a estancia neste hotel do século XVIII nunha experiencia única. 

A cen metros da catedral atópase este espectacular hotel

O Hotel Monumento San Francisco de Santiago abriu as súas portas fai unha década tras unha completa reconversión da construción do século XVIII, que mantén aínda o seu carácter conventual así como algúns dos elementos da edificación primigenia do século XIII, como as arcadas do auditorio Carlos V, chamado así porque nese mesmo espazo celebrou o rei unhas Cortes de Castela en 1520.

Nesta espectacular contorna áchase hoxe un dos hoteis máis valorados do país polos seus clientes, como acaba de mostrar a avaliación realizada pola central de reservas Booking, na que os clientes do hotel outorgáronlle un 9,2 sobre 10 en case 800 comentarios, o que converte a San Francisco Hotel Monumento nun dos establecementos hostaleiros mellor valorados do país.

O máis destacado polos clientes é a localización, a amabilidade e profesionalidade do persoal, a adaptación do convento e a súa rehabilitación, o confort, a tranquilidade e o encanto. Esta boa noticia súmase á ofrecida por Trivago, que situou ao hotel como o quinto mellor de España en organización de vodas. Sen dúbida, a propia construción e a contorna deste establecemento, declarado Ben de Interese Cultural pola Unesco, fai deste espazo un lugar único para calquera celebración.

Lecer, traballo e gastronomía

O complexo conta con igrexa propia, un gran aparcadoiro, claustro acristalado, auditorio con todos os servizos, comedor monumental, seis salas de reunións, piscina e ata un museo de Terra Santa. Todo o que calquera poida necesitar tanto para gozar duns días de descanso en Compostela como para organizar calquera celebración ou reunión de traballo.

O hotel conta cunha completa páxina web onde ofrece información detallada a calquera interesado nalgún dos seus servizos, incluíndo a restauración, un apartado que a dirección do centro coida especialmente. Algúns dos seus produtos proceden das hortas que ten o propio convento compostelán e o de Herbón, de onde proceden os famosos pementos de Padrón que trouxeron precisamente os monxes da Orde.

A súa completa oferta unida ao esmerado servizo que ofrece o Hotel Monumento San Francisco fan da estancia neste lugar unha experiencia inesquecible.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeGadis

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeRestaurante O Dezaseis