PublicidadeTurgalicia
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Case 140 anos de historia, cultura e acougo no Café Casino

fai 12 anos

Aínda que é unha cafetería pública desde o ano 2002, as instalacións do Casino remóntanse a 1873. A súa arquitectura e emprazamento, na rúa do Vilar, convertérono en parada obrigada para peregrinos e turistas. 

A súa arquitectura e emprazamento convertírono en parada obrigada

Ninguén permanece alleo a este local cuxa fachada e cristaleira anuncian a maxestosidade dun salón único en Santiago. Aberto desde o ano 1873, o edificio que alberga o Casino compostelán resulta tan relevante pola súa estética arquitectónica –carente de vigas centrais–, como polas esculturas que rodean o espazo.

En total hai 36 tallas de diversas temáticas e referencias a xogos de azar, a confesións, etc. As tallas foron realizadas polo escultor e ebanista compostelán Maximino Magariños (1869 ? 1927), autor de coñecidos retablos, como o de Santa María a Maior de Pontevedra ou o da capela das Reliquias da catedral de Santiago.

A zona das fiestras mostran escudos de provincias de Galicia, da Comunidade e do Estado. Os frisos da cheminea teñen escudos de lúas e outros con cinco estrelas, símbolo do arcebispo Alonso III Fonseca (1475-1534), un dos principais impulsores da universidade compostelá.

Nesta cativadora contorna, que garda con orgullo a estética que marcou o seu carácter, é onde agora se elaboran cafés, cócteles e aperitivos. Un lugar tranquilo para reunirse, para gozar dun momento de paz en pleno centro turístico de Compostela ou, simplemente, para degustar algún dos seus arroces, pastas, risottos, pizzas ou as deliciosas propostas da súa carta de sobremesas, batidos e picados, con máis de 30 suxestións en grao sumo apetecible.

Lugar de reunión desde 1873

Pero moito antes de converterse nun encantador café, este local acolleu á aristocracia e burguesía compostelás así como aos socios, que gozaban aquí dun miradoiro excepcional sobre unha das principais rúas da zona vella. Na planta superior atopábase o Salón Amarelo (agora pechado), onde se celebraban festas e bailes nos días de Entroido, Semana Santa, Ascensión e Pascua.

O Casino de Cabaleiros de Santiago tivo entre os seus hóspedes a personalidades como José Saramago ou Valle Inclán, quen escribiu aquí moitos dos seus esperpentos. Tamén Castelao fixo un debuxo referido ao Casino (Cousas do Casino). Reis, actores e artistas compartiron este espazo que aínda hoxe continúa sendo lugar de encontro habitual da sociedade compostelá. 

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeClub Financero de Santiago

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeOral Group