PublicidadeTurgalicia
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

El Pasaje: unha experiencia para gozar cos cinco sentidos

fai 11 anos

Situado na histórica rúa do Franco, moi preto da Porta Faxeira, citada no Códice Calixtino como unha das sete que daban acceso a intramuros da cidade de Santiago, atópase un dos restaurantes máis apreciados da cidade: El Pasaje.

O mellor produto galego en plena rúa do Franco

O restaurante El Pasaje localízase nun edificio de principios do século pasado na rúa pola que chegan á catedral os peregrinos procedentes do Camiño Portugués e que formou parte, no seu día, da vía comercial establecida entre o porto fluvial de Iria, en Padrón, e Santiago.

Este carácter xacobeo, cosmopolita e comercial mantense na actual rúa do Franco e en establecementos como El Pasaje, que fixo da hospitalidade e o bo servizo o seu emblema. Aquí pódese degustar o mellor da gastronomía galega en máis de 150 elaboracións diferentes.

Desde entrantes como a cazola de polbo con cogomelos e ameixas, os chocos en tinta murada, as xoubiñas de Rianxo, a ensalada de bacallau con caviar de ourizos ou a empanada da casa ata as mellores carnes, peixes, mariscos ou pratos de tempada. Cada madrugada o persoal de El Pasaje selecciona en lonxa os mellores produtos que á primeira hora se gardan nas modernas cámaras do local para preservar o seu estado óptimo de frescura.

Os mellores sargos, meros, robalizas, escachos, bacallaus, douradas ou pescadas compiten en calidade cos produtos de cada tempada. Percebes, lagostinos, vieiras, ostras, navallas, ameixas, santiaguiños, centolas, bogavantes... completan a oferta do mar á que se unen as carrilleiras de porco ibérico, chuletiñas de cordeiro de Castela, rabo de touro, solombo de boi ou tenreira, chuletas, etc. O mellor do mar e da terra nunha completísima carta que fará dubidar a máis dun ante a extensa e prezada oferta.

Ademais El Pasaje ofrece amplos comedores e reservados onde gozar de reunións máis íntimas ou especiais, como fan moitos amantes dos produtos de tempada (lamprea, xabaril, angulas, lebre, venado...) que elixen este establecemento para gozar dos mellores exemplares e a elaboración máis coidada.

Ampla presenza en redes sociais

Algunhas das súas receitas están dispoñibles no blog incluído na súa completa e interesante páxina web na que se pode obter información detallada tanto do local como da súa oferta gastronómica. Tamén conta con gran presenza nas redes sociais, con páxina en Facebook, Twitter, Foursquare ou Youtube

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeFundacion La Rosaleda

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeAC Palacio del Carmen, Autograph Collection Hotels