PublicidadeCamara de comercio
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Un descanso ao final do Camiño

fai 12 anos

En pleno Camiño Francés, xa no casco histórico de Santiago, atópase un café de longa traxectoria e recente remodelación que se converteu nun dos locais preferidos por composteláns e visitantes. Entrar na Flor é como chegar ao fogar. 

A Flor cativa polo seu ambiente acolledor e bo trato

Cunha decoración vintage deliciosamente agradable e un toque desenfadado e bohemio, esta cafetería-restaurante situada no número 25 da rúa Casas Reais é para moitos unha extensión da súa casa. Alí acoden a almorzar, comer, cear ou simplemente a tomar algo a calquera hora do día ou da noite. E ninguén sae defraudado, porque a oferta da Flor é en grao sumo variado e apetitoso.

Destaca para a mañá ou a tarde unha amplísima selección de cafés, tés e infusións con nomes tan suxestivos como “Memorias de África” de rooibos kromland, “O amante de Lady Chatterly” con valeriana, melisa e cítricos, “Madame Bobary” de mazá, hibisco, fresas e moura, “Casabranca” de té verde con menta e cecimbre ou “Lolita”, un té vermello con froitas, entre outras moitas.

Para comer ou cear a oferta vai desde táboas ou variadas tostas ata elaboradas ensaladas, pastas, revoltos ou uns deliciosos ovos estrelados con patacas e xamón aos que se acompañan sobremesas non menos apetecibles, como o coulant de chocolate con xeado, a torta de iogur e froitas do bosque, a tartina fría de tres chocolates, a torta de queixo ou o mousse con salsa de licor café.

E para a noite nada mellor que un cóctel a elixir entre os máis exóticos ou os tradicionais mojitos, caipirinhas, Cosmopolitan, Daikiri, San Francisco.

Menús para grupos e cátering

Pero A Flor tamén permite facer reservas para grupos con dous menús a elixir e realizar caterings persoais para eventos. Para reservar ou simplemente contactar cos responsables deste local pódese chamar ao 981 556 344 ou enviar un correo a info@quedamosenlaflor.com.

Tamén se poden seguir todas as novidades do local a través das redes sociais, tanto na súa páxina de Facebook como en Flickr

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadePedras de Santiago

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeLa Salle