PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Comida a bo prezo, variada e a calquera hora do día

fai 12 anos

A mítica cervexería Galeón con case tres décadas ás súas costas conta agora cun irmán pequeno, o Galeón Rúa Nova. Aberto fai un ano na rúa do mesmo nome, en pleno casco histórico, o novo restaurante ofrece a calidade e servizo de sempre nunha contorna incomparable. 

O Galeón é unha boa opción para todos os gustos e petos

No número 36 da Rúa Nova, xusto á beira do Salón Teatro, abría as súas portas fai un ano un novo restaurante-cervexería Galeón. Situado nun dos edificios máis fermosos da rúa e cunha coidada decoración, o restaurante ofrece a calidade e o servizo de sempre a prezos alcanzables e cunha variada carta na que se dan cita desde pratos combinados ou bocadillos ata ensaladas, pastas, hamburguesas, cachorro, etc.

Tampouco faltan as copiosas racións que fixeron do Galeón todo un referente en Santiago e que permiten gozar, a prezos realmente alcanzables, do mellor produto galego, como polbo, zorza, orella ou raxo. Ou as carnes e peixes do día que completan unha variadísima oferta culinaria disposta a agradar a calquera padal. Por iso é ideal para grupos ou ceas de empresa, para o que dispón dun comedor interior.

Non falta tampouco o servizo a domicilio para Santiago e arredores, que permite gozar en casa de todas as súas especialidades. O horario de servizo de entrega é de 12.00 a 16.00 h e de 20.00 a 24.00 h.

Cociña aberta de 12.00 a 1.30 horas

Do mesmo xeito que o Galeón de Alfredo Brañas, o de Rúa Nova mantén a súa cociña en funcionamento durante todo o horario de apertura do local, que é de 12.00 da mañá a 1.30 da madrugada.

Deste xeito permite gozar dunha comida ou dun bocado quente ou frío a calquera hora do día e ata ben entrada a noite, algo non sempre fácil de conseguir fóra das horas de comida e cea. E, para completar o seu catálogo de servizos, o Galeón Rúa Nova abre todos os días das semana. 

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeMuseo das peregrinacions

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeMultiusos Fontes do Sar