PublicidadeTurismo de Santiago
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Presentación do observatorio do Camiño en Santiago

fai 6 anos

O Observatorio do Camiño de Santiago –que foi presentado o pasado 31 de agosto en Santiago pola directora do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia e mais polo xerente do Xacobeo- permitirá deseñar un marco metodolóxico para adecuar as técnicas de investigación á realidade e dispor de información real. Permitirá tamén a medición dos fluxos de peregrinos, a análise do seu perfil e comportamento, a implantación dun software de xestión nos albergues públicos, así como o intercambio de información con outras comunidades e países.

A web do Instituto de Estudos Turísticos conterá un link de acceso a todos os datos do observatorio. A súa existencia permitirá por primeira vez a compatibilidade dos datos entre destinos e en diferentes momentos temporais. 

O Instituto de Estudios Turísticos de Galicia e a S.A de Xestión do Plan Xacobeo veñen de reactivar os traballos do Observatorio do Camiño, pertencente á Rede Europea de Camiños. A dirección técnica e desenvolvemento deste proxecto por parte dos dous organismos pertencentes á Secretaría Xeral para o Turismo nace co obxectivo de poñer en marcha unha ferramenta de análise e coñecemento do produto Camiño de Santiago –un dos dez produtos cabeceira da marca turística Galicia- que facilite a toma de decisións, tanto no eido dos proxectos de colaboración que xurdan da rede como no daqueles propios dos destinos participantes. Ademais permitirá establecer un sistema de seguimento dos proxectos desenvolvidos para avaliar o grao de consecución dos obxectivos propostos.

Esta mañá, a directora do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia, Rosanna López Salgueiro, e mais o xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, José Paz Gestoso, presentaron en Santiago esta nova ferramenta que xurde da colaboración entre ambos organismos. Entre as principais liñas de acción que acometerá o Observatorio do Camiño sobresaen a realización do deseño dun marco metodolóxico do mesmo que permitirá a compatibilidade de datos entre destinos e en diferentes momentos temporais. Isto permitirá adecuar as técnicas de investigación e análise á realidade e a obtención de información real. Tamén se analizará a oferta vinculada ás rutas xacobeas, como o aloxamento, a restauración, os servizos turísticos e mais o perfil e comportamento do peregrino: perfil sociodemográfico, expectativas e motivacións, organización da viaxe, comportamento durante a ruta e nos diferentes destinos, gasto realizado ou nivel de satisfacción.

O Observatorio analizará o perfil e comportamento do peregrino co gallo de dar solución ás súas inquedanzas e necesidades e ofrecer un mellor servizo. O desenvolvemento deste traballo fará posible medir a magnitude real do mercado turístico asociado ao Camiño (volume de peregrinos) así como o impacto económico do mesmo, recompilando  aquel realizado previamente polas fontes de información existentes, como a Oficina do Peregrino en Santiago, na que se expiden as Compostelas, e as pernoitas dos albergues públicos localizados nas diferentes rutas de peregrinación, así como doutros indicadores de ocupación en diferentes establecementos de aloxamento regrado. A partir de agora realizarse unha adecuación das bases de datos, unificaranse os criterios metodolóxicos de traballo e incluirase a explotación da Enquisa de Destino do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia.

A través do Observatorio do Camiño implantarase nos albergues públicos os software de xestión deseñada polo propio IET Galicia, que xa se utiliza para a xestión de pequenos establecementos hoteleiros galegos. 

Tamén permitirá a relación con outras Comunidades Autónomas e países da Rede Europea para facilitar o intercambio de información, posta en común de liñas de acción e metodoloxías de traballo para unificar criterios e avanzar na investigación estatística. 

Os datos do observatorio poderán ser consultados na web do Instituto de Estudos Turísticos a través dun enlace específico que estará dispoñible no seguinte enderezo electrónico: http://www.ietgalicia.com

As cifras de peregrinos

As cifras de peregrinos a Galicia nos primeiros sete meses do ano acadaron as 137.481 pernoitas (noites en albergues) no período que vai de xaneiro a xuño de 2012, segundo datos da S.A. do Xacobeo. Por outra banda, o número de peregrinos que selaron a Compostela na Oficina do Peregrino foi de 100.293 nos sete primeiros meses do ano, un 6,0% máis respecto do mesmo período de 2011.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 4 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 4 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeApecsa

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeBodeguilla de San Roque