Turismo de Santiago atendeu en agosto o maior número de consultas ao mes da súa historia
fai 12 anos
Atendéronse 46.329 consultas presenciais, un 13% máis que en agosto do 2011 e un 3% máis que en agosto do Ano Santo do 2010.
O aumento de consultas apóiase no turismo internacional, que supuxo o 38,65% do total, a maior porcentaxe en agosto na historia da oficina de información.
A oficina de información de Turismo de Santiago atendeu no mes de agosto 46.329 consultas presenciais. Con esta cifra, convertiuse no mes no que se atendeu un maior número de consultas na historia de Turismo de Santiago, entidade de promoción turística do Concello de Santiago creada no ano 1999. Esta cifra supón un crecemento do 13% respecto das 41.208 do ano 2011 e dun 3% respecto das 44.844 de agosto do Ano Santo de 2010, que ata o momento era o mes co maior número de consultas.
A procedencia das consultas distribúese do seguinte xeito: nacionais, 27.700; internacionais, 17.922; santiagueses, 747. As consultas nacionais crecen un 10% respecto de agosto do ano pasado, pero decrecen un 3% respecto do Ano Santo 2010. As internacionais suben un 17% respecto de agosto do 2011 e un 18% respecto de 2010, sendo así o mes con maior número de consultas internacionais. As consultas internacionais supuxeron o 38,65% das consultas totais, a maior porcentaxe alcanzada ata agora nun mes de agosto.
Atendéronse consultas de persoas procedentes de máis de 45 países. Os dez países con maior número de consultas foron: Italia, 4.015; Francia, 3.585; Alemaña, 2.346; Portugal, 1.298; Reino Unido, 969; EEUU, 641; Holanda, 569; Arxentina, 467; Bélxica, 403; Polonia, 352; Irlanda, 320. Respecto a España, atendéronse consultas de personas procedentes de todas as comunidades autónomas. As cinco con maior número de consultas foron: Madrid, 5.543, Cataluña, 5.262; Andalucía, 3.799; Valencia, 3.111; País Vasco, 2.361.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 9 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)