A Curtidoría: cociña mediterránea no corazón de Compostela
fai 12 anos
En pleno casco histórico de Compostela, na emblemática rúa da Conga, atópase A Curtidoría, un restaurante situado, como o seu propio nome indica, nunha antiga tenda de curtidos da que conserva todo o seu encanto.
A Curtidoría está situada nunha casa do século XIX na rúa da Conga
En 2004 unha antiga “curtidoría” situada nunha casa do século XIX na rúa da Conga daba paso a un precioso restaurante cunha oferta gastronómica moi diferente á que entón ofrecía Santiago. Enmarcado por catorce grandes ventás con vistas a tres rúas e a apenas uns pasos da catedral, o gusto mostrado na rehabilitación trasladouse tamén á carta, na que se conxuga o mellor produto galego coa máis deliciosa cociña Mediterránea. E para os que necesitan máis intimidade, A Curtidoría conta cun salón privado que revive o estilo art-decó.
Durante xullo e agosto o restaurante pecha os domingos, pero durante a semana as súas portas están abertas a partir das 11.30 da mañá, xa que tamén funciona como cafetería, cunha ampla oferta de cafés, tés e cócteles.
O arroz, o gran protagonista
A súa cociña que foxe de elitismos e permite gozar de ensaladas, carnes, peixes e arroces a uns prezos máis que alcanzables pero cunha coidadísima elaboración. O arroz é, precisamente, a especialidade da casa e preséntase en múltiples preparacións, desde os tradicionais arroz abanda ou risotto ata o arroz con polbo da ría, con cogomelos silvestres e xamón ibérico, con bacallau e espinacas, carabineiros, etc. E todo iso regado con algún dos viños da súa amplísima adega, que conta con practicamente todas as denominacións de orixe.
A través das novas tecnoloxías o novo equipo deste restaurante informa aos seus clientes do menú do día ou das novidades do local, tanto desde a súa páxina de Facebook como rexistrándose na web para recibir por email diariamente o menú do día ou as últimas noticias sobre xornadas, presentacións, etc. Ademais tamén é posible consultar a carta, acceder ás fichas dos pratos e ata mandar suxestións e opinións.
Fai apenas unhas semanas o equipo deste establecemento abría outro local na zona nova de Santiago, no número 28 da rúa Doutor Teixeiro. Trátase da Cantina da Curtidoría, onde tamén é posible gozar da súa excelente cociña ademais de elaborados almorzos e unha ampla selección de petiscos. Unha oferta desenfadada nun ambiente coidado e co mesmo trato da Curtidoría. Unha aposta segura do grupo que dirixe Borja Portals.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 10 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)