Un apetitoso descanso en pleno centro turístico compostelán
fai 12 anos
No nº 10 da rúa do Franco, arteria principal da zona monumental de Compostela e a poucos metros da catedral, atópase Casa Rosalía, unha referencia tanto para a clientela local como para turistas e peregrinos.
Casa Rosalía ofrece comedor interior e exterior a uns metros da catedral
O local, con capacidade para medio centenar de persoas, estrutúrase en dúas zonas claramente diferenciadas. A barra ofrece unha gran selección de petiscos, tapas e montadiños á carta acompañados dunha ampla selección de referencias da súa completa adega. E o restaurante destínase fundamentalmente a comidas e ceas, que se poden gozar como menú do día ou a base de racións para compartir.
A cociña de Casa Rosalía varía entre os pratos “de deseño”, a cociña tradicional, a de tempada e a cociña á vista. As súas especialidades son múltiples, desde os propios petiscos, tapas e montadiños ata carnes e peixes propios desta comunidade ou especialidades de cociña galega como o polbo á feira que fai as delicias da súa numerosa clientela.
E todo iso pódese gozar no seu interior, dotado con aire acondicionado, ou na terraza exterior apta para fumadores e auténtico remanso de paz en pleno centro turístico compostelán. Casa Rosalía pecha os martes, e de mércores a luns abre de 12.00 a 17.00 h e de 20.00 a 1.00 h.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)