Hesperia Peregrino: denominación xacobea e longa traxectoria
fai 12 anos
O seu nome, ligado á tradición máis xacobea de Santiago, e a súa ampla experiencia confírenlle ao hotel Hesperia Peregrino unha enerxía moi especial.
O buffet Al Punto e o seu xardín e piscina son o gran reclamo deste hotel
A pesar de estar situado na zona nova de Santiago –na avenida Rosalía de Castro–, a súa posición resulta estratéxica para a completa visita da cidade, desde o casco histórico ata o campus universitario ou os barrios máis novos e modernos de Compostela.
Pasado e presente únense así nun hotel de fácil acceso en coche ou tren –a estación atópase a menos dun quilómetro e conta con parking propio–, e con 150 habitacións de diversas categorías, desde estándar a suites con todas as comodidades que o cliente poida desexar nun establecemento de catro estrelas.
Servizo de habitacións, bar, recepción 24 horas, prensa, acceso a Internet ADSL, centro de negocios, salas de reunións, lavandería e un longo etcétera de servizos entre os que destaca, especialmente nesta época do ano, a piscina ao aire libre, o solarium e un agradable xardín exterior.
Restaurante e buffet Al Punto
Un dos principais alicientes do complexo é o seu restaurante Al Punto cun menú que ofrece desde a mellor cociña local ata as máis elaboradas receitas internacionais. E para os que desexan algo máis informal está o buffet Al Punto con deliciosas e variadas ensaladas frescas, peixe, carne e vexetais ao vapor, ademais dunha carta de sobremesas elaborada ao estilo da mellor cociña española. O buffet abre todos os días de 13.30 a 16.30 h e ten un prezo de 9,99 euros –6,99 para nenos de 2 a 12 anos–. Ademais inclúe auga e café de luns a venres, ofertas especiais na carta de viños e parking gratuíto.
E a todo iso únense as vantaxes de pertencer a unha gran cadea, Hoteles Hesperia, que ofrece servizo de limusinas, un H-Express CheckOut que evita a recepción e servizos Hesperia de embarque online para facer o check-in do voo desde o hotel.
Ademais, pode reservar en liña comodamente e gozando de múltiples vantaxes, como garantirse o mellor prezo dispoñible sen custo por tramitación da reserva e unha política flexible de cancelación. Se está pensando en visitar Santiago non dubide en informarse na páxina web ou no email hotelhesperia-peregrino.com.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)