Restaurante Camilo: os mellores peixes, mariscos e carnes galegas
fai 12 anos
O peregrino ou visitante que chega a Santiago desexoso de probar algún dos produtos da súa afamada gastronomía non debería pasar por alto este establecemento, situado na Raíña, a 100 metros da catedral e en pleno centro neurálxico da Compostela máis xacobea.
Restaurante Camilo abriu as súas portas no ano 1942
No número 24 da rúa A Raíña atópase Restaurante Camilo, un clásico da hostalería compostelá que abriu as súas portas no ano 1942 da man de Camilo Alberte, quen o rexentaría ata 1987, data en que pasou aos seus actuais donos, os irmáns José e Inocencio Pereira Aldrey.
Eles souberon continuar esta longa tradición hostaleira e incluír o seu local nas principais guías de hostalería e turismo da cidade para que os visitantes poidan probar as deliciosas receitas que os composteláns coñecen fai xa moitos anos. Especialidades culinarias de sempre coas mellores materias primas; máis dunha ducia de variedades de peixe, unha extensa carta de mariscos das rías galegas e unha ampla selección de carnes, desde entrecot ou solombo a chuletón e o máis solicitado: cordeiro guisado con patacas ao estilo tradicional, que se pode degustar todos os días sen reserva previa.
E cando chega o frío poucos se resisten aos pratos estrela da tempada: callos, cocido ou lacón. Pero tampouco faltan as típicas racións e tapas para aqueles que desexan algo máis informal. A mesma calidade dos seus produtos e as súas mellores receitas en pequenas doses ideais para compartir e probar múltiples pratos.
Restaurante Camilo dispón dun comedor para 45 comensais e tres reservados; o maior conta con capacidade para máis de 20 persoas e os outros dous permiten acoller entre catro e oito persoas, polo que resultan perfectos para reunións de amigos e pequenos grupos. E no verán dispón dunha agradable terraza na que poder degustar a súa ampla oferta de comidas e viños, posto que dispón dunha nutrida adega coas mellores referencias.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)