Don Gaiferos, de romance xacobeo a restaurante de renome
fai 12 anos
Na rúa Nova, xusto á beira do Teatro Principal, atópase o restaurante Don Gaiferos, cuxo nome trasládanos a pleno século XII. De impresionante arquitectura, este establecemento abriu as súas portas no ano 1975 e desde entón converteuse en todo un referente da hostalería compostelá.
Gaiferos de Mormaltán morreu na catedral en 1137 tras peregrinar a Santiago
Aínda que pronto celebrará o seu corenta aniversario, a cociña do restaurante Don Gaiferos evoluciona constantemente mantendo un estilo clásico e tradicional. O seu segredo está na combinación exacta de boa materia prima, coidada elaboración e un esmerado servizo que logrou consolidar unha clientela fixa que non perdoa ningún dos pratos de tempada que ofrece o local.
O menú da casa, que no verán se ofrece ao axustado prezo de 20 euros, consta de dous primeiros, un prato principal e variedade de sobremesas. A auga, o pan e a bebida están incluídos e pódese degustar todos os días tanto ao mediodía como pola noite –exceptuando as noites de domingo e luns que o restaurante pecha por descanso do persoal–.
Entre os seus pratos estrela están as anchoas do Cantábrico, o caldo galego, o polbo á feira ou os mellores peixes e mariscos de tempada, como lagostinos, berberechos, linguado, pescada, rape ou unhas deliciosas vieiras con arroz á mariñeira. Para os amantes da carne a carta non é menor; desde cordón blue ou entrecotte Marchand ata escalope ao Holstain, solombo de tenreira ou Strogonoff ou Steak Poivre ou Tartare.
E de sobremesa bomba de chocolate, crema queimada de chocolate e café, flan de café, queixo fresco con arándanos, tocinillo de ceo ou a ineludible torta de améndoa. E todo iso acompañado dunha amplísima oferta de viños.
Gaiferos de Mormaltán
Guillermo X, duque de Aquitania, peregrinou a Compostela en 1137 baixo o nome cabaleiresco de Gaiferos de Mormaltán, probablemente para limpar algún sentimento de culpa. Faleceu mentres se atopaba na catedral, unha vez concluída a súa peregrinación, feito que foi recollido e idealizado por algún trobador ou xograr medieval, que compuxo un dos máis belos romances de tema xacobeo en lingua galega, o Romance de Don Gaiferos de Mormaltán.
Escrito en lingua galega narra a lenda así como a dureza do Camiño que todo peregrino debe afrontar e superar non sen gran esforzo e sacrificio, atravesando longas distancias a través de campos, trochas e veredas. O romance foi cantado por xograres e por cegos durante moitos anos ás portas da catedral e ten gran relevancia no ámbito xacobeo.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 10 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)