PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Outra forma de coñecer Santiago

fai 12 anos

Visitar Santiago non está rifado coa crise. As opcións de aloxamento na cidade son moitas e moi variadas e adáptanse a todos os orzamentos e preferencias. Unha destas posibilidades é optar pola acampada e para iso nada mellor que o cámping As Cancelas.

As Cancelas é un cámping urbano situado a dous quilómetros da catedral

Situado no centro urbano, a só dous quilómetros da catedral de Santiago, pero nunha contorna natural, tranquilo e acolledor, atópase o cámping As Cancelas, unha excelente opción para gozar tranquilamente da visita a Compostela.

Situado na ladeira dunha montaña, con espléndidas vistas á cidade, as instalacións contan cun amplo aparcamento onde deixar o coche de forma cómoda e segura. Unha liña de autobús permite achegarse ao centro cada 15 minutos e a contorna natural do cámping supón un descanso entre visita e visita á cidade.

Dotado con piscina, lavandería, zona infantil, duchas de auga quente, servizos médicos, Wi-Fi e zona deportiva, as instalacións contan tamén con bungalows para catro ou cinco persoas equipados con todas as comodidades (auga quente, enxoval, roupa de cama, toallas, televisor, etc.).

Os seus módicos prezos e as vantaxes que ofrece este tipo de aloxamento converte ao cámping As Cancelas nunha estupenda elección á hora de pasar uns días en Santiago, como saben xa os seus clientes habituais, moitos dos cales non dubidan en destacar o seu restaurante como un dos grandes reclamos do lugar.

E non só para quen se aloxan no cámping, posto que o restaurante das Cancelas, a Brasería A Grella, é un dos locais preferidos polos composteláns para gozar da mellor gastronomía galega. Unha razón máis para ter en conta este establecemento situado, como o seu nome indica, na zona das Cancelas, Rúa 25 de Xullo, 35 de Santiago.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 10 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeGadis

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeLa Salle