O mellor viño e embutido en casa Pepe
fai 12 anos
Casa Pepe abriu as súas portas no ano 2001, polo que leva máis dunha década ofrecendo unha gran selección de viños acompañada do mellor embutido que se poida atopar na cidade. Unha elección diferente para un descanso en plena visita ao casco histórico.
Casa Pepe abre todos os días de 10.00 a 24.00 horas
Para o peregrino ou visitante canso de polbo, marisco ou outros manxares típicos desta terra, Casa Pepe será un sopro de aire fresco. Esta vinoteca especializouse en embutidos e ofrece unha das mellores seleccións que se pode atopar en Santiago de Compostela.
Nas súas dúas plantas pódense degustar algunhas das mellores marcas das principais denominacións de orixe de viños do país acompañadas dos mellores queixos e embutidos. Destacan os seus xamóns, lombos e chacinas, pero tampouco se deberían pasar por alto os queixos ou as tostas para gozar dunha experiencia gastronómica completa.
Situado en Cantón de San Bieiro, nestes meses Casa Pepe conta tamén cunha terraza situada entre as prazas de San Agustín e a Pescadería Vella onde gozar dos seus produtos nun dos recunchos máis fermosos do casco histórico compostelán.
Esta contorna privilexiada e os seus magníficos produtos, fan que Casa Pepe sexa considerado polos santiagueses e os visitantes asiduos como un dos locais de referencia da zona monumental da cidade, e para que ninguén quede sen visitalo abre as súas portas todos os días de 10.00 a 24.00 horas.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)