Parada obrigada ao final do Camiño
fai 12 anos
Se hai un establecemento hostaleiro de referencia para o peregrino que chega a Santiago é Casa Manolo. A súa situación a uns metros da catedral, as súas amplas instalacións e a relación calidade-prezo convertérono nun reclamo para veciños e visitantes.
Casa Manolo está situado na praza de Cervantes
Situado en plena praza de Cervantes, no tramo final do Camiño Francés e a “cen pasos da catedral”, este emblemático restaurante leva décadas dando alimento ao esgotado romeu na meta da súa peregrinación.
A súa tradicional comida galega en cantidade e a bo prezo fixo de Casa Manolo un dos establecementos de referencia para os peregrinos que chegan a Compostela. Situado en pleno Camiño Francés, na antiga praza do Campo (hoxe Cervantes) a súa fama non só se transmitiu na fala da xente senón que chegou ata as guías máis utilizadas que o sinalan como un lugar de necesario paso no Camiño.
Son moitos os peregrinos que se reencontran neste local tras coñecerse nalgún punto da ruta e que selan aquí unha amizade breve pero intensa. Tanto como o é a experiencia xacobea.
O restaurante posúe varios premios de arquitectura polo seu deseño innovador e pola magnífica rehabilitación levada a cabo no ano 2000 por Pedro de Llano. Grazas a esta reforma a casa de comidas preferida dos estudantes composteláns pola súa relación calidade-prezo pasaba a converterse nun establecemento moderno, coidado e sumamente agradable.
Hoxe os peregrinos substituíron en gran medida a aqueles estudantes, aínda que no inverno ambos os colectivos comparten protagonismo no amplo comedor de Casa Manolo. E xunto con eles moitos composteláns acoden en busca das súas xenerosas racións a prezos razoables e nunha contorna inigualable.
Se quere gozar dunha cociña caseira tradicional ao mellor prezo, pode facelo todos os días –excepto domingos pola tarde– de 13.00 a 16.00 e de 20.00 a 23.30 horas en casa Manolo.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)