Revisan as obras de adecuación de parte do último treito do Camiño Francés rehabilitado pola Xunta
fai 12 anos
Trátase dunha actuación para que os peregrinos eviten circular pola estrada. Nos sete primeiros meses do ano a cifra de peregrinos que llegó por el Camiño Francés medrou un 2,42 % en relación ao mesmo período de 2011.
O obxectivo das obras é evitar o paso pola N-634a entre A Esquipa e San Marcos
A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, acompañada pola tenente alcalde do Concello de Santiago, Reyes Leis, percorreu esta mañá unha parte do último treito do Camiño Francés no municipio de Santiago, que se corresponde cunha senda peonil rehabilitada pola Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo co obxectivo de que os peregrinos eviten circular pola estrada N-634a entre A Esquipa e San Marcos.
As obras de rehabilitación, nas que a Secretaría Xeral, a través do Xacobeo, investiu máis de 28.000 euros, refírense a un treito de 4,8 quilómetros do Camiño Francés. A actuación consistiu na reparación do firme dunha senda peonil, a base de zahorra seleccionada e estabilizada con cemento e cal, paralela ao viario polo que discorre o tráfico rodado, de tal xeito que os peregrinos poidan utilizar esta vía sen inteferir no denso tráfico rodado que existe na zona. Ademais desta actuación, levaronse a cabo acción de roza e limpeza nas marxes do camiño.
Medra o número de peregrinos
O Camiño Francés recibiu ao longo dos sete primeiros meses deste ano 2012 un total de 69.643 peregrinos, segundo datos da oficina de atención onde se dan as compostelas. No mesmo período de 2011 foran 67.452, o que supón un incremento do 2,42 %.
Ademais, este Camiño foi percorrido no ano 2011 por 153.065 persoas que obtiveron a compostela, fronte aos 113.001 do ano 2009. No Ano Xacobeo de 2010, foron 189.212 as persoas que se achegaron ata Santiago polo Camiño Francés.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)