Un grupo de scouts chega a Santiago polo Camiño do Norte
fai 12 anos
Con motivo das celebracións do centenario de ASDE-Scouts de España, un grupo de mozos percorreu o Camiño do Norte e chegou ata Compostela, onde foi recibido pola alcaldesa en funcións.
A alcaldesa en funcións, Reyes Leis, e o concelleiro de Relacións Institucionais, Francisco Noya, recibiron en Raxoi os integrantes das distintas organizacións federadas de ASDE-Scouts de España que participan no Campamento Federal de Rovers, que nesta ocasión tiña como destino Santiago.
Os scouts percorreron preto de 500 quilómetros polo Camiño do Norte, a pé e en autobús, ata chegar a Santiago. Para completar o campamento, os participantes tiñan previsto facer un voluntariado no último tramo do Camiño Inglés consistente en limpar e acondicionar unha parte dese percorrido en colaboración co Concello e con Protección Civil.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)