PublicidadeUSC
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O Instituto de Estudos Turísticos de Galicia e o Xacobeo reactivan o Observatorio do Camiño para analizar a demanda turística

fai 6 anos

Entre as principais liñas de acción do Observatorio do Camiño sobresaen a realización do deseño dun marco metodolóxico do mesmo que permitirá a compatibilidade de datos entre destinos e en diferentes momentos temporais. 

Nos seis primeiros meses selaron a compostela un 5,9 % máis de peregrinos que en 2011

O Instituto de Estudios Turísticos de Galicia e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo veñen de reactivar os traballos do Observatorio do Camiño, pertencente á Rede Europea de Camiños.

A dirección técnica e desenvolvemento deste proxecto por parte dos dous organismos pertencentes á Secretaría Xeral para o Turismo nace co obxectivo de poñer en marcha unha ferramenta de análise e coñecemento do produto “Camiño de Santiago” que facilite a toma de decisións, tanto no ámbito dos proxectos de colaboración que xurdan da rede como no daqueles propios dos destinos participantes. Ademais permitirá establecer un sistema de seguimento dos proxectos desenvolvidos para avaliar o grao de consecución dos obxectivos propostos.

Entre as principais liñas de acción que acometerá o Observatorio do Camiño sobresaen a realización do deseño dun marco metodolóxico do mesmo que permitirá a compatibilidade de datos entre destinos e en diferentes momentos temporais. Tamén se analizará a oferta vinculada ás rutas xacobeas, como o aloxamento, a restauración, os servizos turísticos e se analizará o perfil e comportamento do peregrino: perfil sociodemográfico, expectativas e motivacións, organización da viaxe, comportamento durante a ruta e nos diferentes destinos, gasto realizado ou nivel de satisfacción.

O desenvolvemento deste traballo fará posible medir a magnitude real do mercado turístico asociado ao Camiño (volume de peregrinos) así como o impacto económico do mesmo, recopilando  aquel realizado previamente polas fontes de información existentes, como a Oficina do Peregrino en Santiago, na que se expiden as compostelas, e as pernoitas dos albergues públicos localizados nas diferentes rutas de peregrinaxe, así como doutros indicadores de ocupación en diferentes establecementos de aloxamento regrado.

As cifras de peregrinos

As cifras de peregrinos a Galicia neste primeiro semestre do ano están resultando elevadas, alcanzando as 130.980 pernoitas (noites en albergues) no período que vai de xaneiro a xuño de 2012, segundo datos da S.A. do Xacobeo.

Por outra banda, o número de peregrinos que selaron a compostela na Oficina do Peregrino foi de 67.473, un 5,9 % máis respecto dos seis primeiros meses de 2011.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 4 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 4 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeClub Financero de Santiago

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeMultiusos Fontes do Sar