PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Os peregrinos do Camiño Portugués teñen unha nova Oficina Municipal de Turismo en Tui

fai 12 anos

A Secretaría Xeral para o Turismo salienta a importancia deste enclave no que atinxe ao turismo cultural e ao Camiño de Santiago, que na súa ruta portuguesa medra por riba da media en número de peregrinos.

A oficina está situada na praza de San Fernando

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e mais o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, inauguraron hoxe a nova oficina municipal de Turismo deste concello, situada nunhas instalacións cedidas polo Bispado de Tui-Vigo, dentro do Museo diocesano da vila e que se converterán no punto de información turística de visitantes e peregrinos que realizan o Camiño Portugués cara a Compostela. A Oficina Municipal de Turismo abrirá as súas portas de luns a venres de 10 a 20 horas e os sábados, domingos e festivos de 10.30 a 14.30 e de 15.30 a 19.30 horas.

A oficina de Turismo de Tui recibiu o pasado mes de xullo un total de 7.954 consultas por parte de turistas que se achegaron a esta vila, dos que 6.717 eran cidadáns españois e o resto estranxeiros. Segundo datos do Concello, isto supón un incremento de 1.624 consultas con respecto ao mesmo período do ano anterior, o que supuxo un 20,42 % máis que en 2011.

Camiño Portugués

A secretaria xeral para o Turismo lembrou a importancia que ten esta vila, incluida no xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, e que foi capital dunha das provincias do antigo Reino de Galicia e declarada conxunto histórico artístico no ano 1967, para o turismo cultural da comunidade galega, así como lugar de entrada do meirande número dos turistas estranxeiros que visitan Galicia cada ano.

Por outra parte, Carmen Pardo referíuse ao Camiño de Santiago, e concretamente ao Camiño Portugués, que segundo manfiestou “é a segunda ruta en importancia logo do Camiño Francés, cun incremento espectacular de peregrinos nos últimos anos”. Así, lembrou que polo Camiño Portugués pasaron no ano xacobeo de 2010 un total de 34.147 peregrinos, o 12,03 % do total dos que recibiu Compostela ese ano.

En 2011 máis de 22.062 peregrinos percorreron o Camiño Portugués, fronte aos 11.956 do ano 2009. No que vai de ano, xa recibiron a compostela 17.576 peregrinos que chegaron a Santiago por esta Ruta, fronte aos 12.035 do mesmo período do ano 2011, o que supón un incremento do 31,53 %.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeGadis

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeAC Palacio del Carmen, Autograph Collection Hotels