PublicidadeTurismo de Santiago
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Broa Restaurante para gozar cos cinco sentidos

fai 12 anos

Na encantadora praza de San Miguel dos Agros, fronte á igrexa de San Martiño Pinario e a escasos metros da catedral, atópase un dos locais máis frecuentados da capital galega: Broa Restaurante.

Broa está na praza de San Miguel dos Agros, fronte a San Martiño Pinario

Situado nun edificio do século XV, ao que en 1912 se lle engadiron varias plantas e que hoxe acolle o hotel de San Miguel dos Agros, Broa Restaurante combina a sobriedade da pedra cun deseño interior moderno pero acolledor, pensado exclusivamente para a comodidade dos seus clientes.

Broa Restaurante ofrece unha cociña renovada e enriquecida, pero que respecta a esencia da cociña de outrora, “a de sempre”. Máis de dez variedades de arroces, entre os que destaca o Abanda, o de carabineiros ou con polbo da ría, así como unha ampla variedade de carnes, peixes do día e pastas completan unha carta na que destacan apetitosos entrantes como o pastel de centola ou vieiras cheas de xamón ibérico e faragullas de Broa.

Un xardín no corazón da zona vella

Destacan as súas galerías de factura tipicamente compostelá e un xardín que se restaurou seguindo as pautas ornamentais do movemento Feng Sui e que supón un marabilloso descubrimento para quen penetra neste local. A pedra e a madeira conxúganse cunha selección de plantas e arbustos que converten este espazo nun auténtico oasis no corazón de Compostela.

Se o tempo o permite, aquí pódese gozar de diversos eventos, organizar comidas para grupos, gozar do menú do día –dispoñible ao mediodía de luns a venres– e ata probar algunha das moitas referencias de xenebra preparadas por un experto cocteleiro e que farán as delicias dos padais máis expertos. O local acolleu numerosos cursos de preparación de gin-tonic para poder ofrecer a cada cliente a que mellor se adapta ao seu padal e olfacto.

Na páxina web do Broa pódese consultar a lista de marcas así como a súa preparación e prezos. Tamén está dispoñible a carta completa e unha ampla información sobre o restaurante, que abre para almorzos, comidas e ceas todos os días excepto os martes e as noites de domingo. Un local encantador para gozar cos cinco sentidos dun momento inesquecible.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 10 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Amigos del Camino

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeBodeguilla de San Roque