Hostelería Compostela pide unha aposta clara pola internacionalización
fai 11 anos
Dende o 1 de abril pasaron polo punto de información turística que Hostelería Compostela ten no aeroporto de Lavacolla máis de 57.000 viaxeiros, o 53 % estranxeiros, o que confirma a necesidade dunha nova estratexia aeroportuaria e turística centrada na internacionalización.

Xose Manuel Otero visitou o punto de información de Lavacolla
Alemáns, franceses e ingleses con 8.100, 6.500 e 4.300 consultas repectivamente foron os que en maior medida se achegaron ata o punto de atención instalado no aeroporto de Santiago por Hostelería Compostela. Tamén se rexistrou un aumento de turistas procedentes de Irlanda e Estados Unidos con 1.900 e 1.600 consultas.
Desde Hostelería Compostela aseguran que o aeroporto “segue sendo unha peza clave para o turismo da cidade e por extensión da súa economía”, especialmente tras a caída da demanda do turismo nacional causada pola crise económica.
Santiago é a cidade que conta con maior proxección exterior de toda Galicia e precisa “dunha estratexia aeroportuaria que poña en valor este grande potencial”, destaca a asociación profesional, que denuncia que a ausencia dun sistema aeroportuario en Galicia que aposte pola especialización turística de Lavacolla “está impedindo o desenvolvemento dunha estratexia de promoción intelixente, que aposte pola internacionalización turística de Galicia”.
Malos datos de ocupación
Por outra banda a organización asegura que os datos de ocupación dos establecementos hostaleiros de Santiago é comarca en xullo foron malos. A metade das habitacións de hoteis e pensións estiveron baleiras, a pesar de que celebrarse as festas do Apóstolo.
A ocupación media nos hoteis da cidade e da comarca foi dun 53 % e nas pensións a ocupación media non pasou do 45 %, o que significa unha caída con respecto o mesmo mes de 2011 de 10 puntos na ocupación media dos hoteis e de15 puntos nas pensións. Os datos ademais son peores que no mes de xuño cando a ocupación media foi dun 63 % nos hoteis e do 61 % nas pensións.
Dende Hostelería Compostela apóstase por un “planeamento estratéxico integral do turismo, consesuado e aberto a todos os sectores implicados, cunha aposta clara pola internacionalización, na que o aeroporto de Lavacolla xoga un papel clave”.
E para iso recordan que a proxección exterior de Compostela e do seu Camiño constitúe unha oportunidade única para o desenvolvemento non só de Santiago é a súa comarca senón de toda Galicia.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 8 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 8 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)