Pedras de Santiago, o mellor recordo material dunha cidade milenaria
fai 12 anos
Os bombóns elaborados artesanalmente por Sancosa convertéronse nun símbolo máis de Compostela. Cada ano máis turistas optan por levar Pedras de Santiago como recordo do seu paso pola cidade do Apóstolo.
En dúas presentacións e varios tamaños, as Pedras de Santiago convertéronse nun dos mellores agasallos
Chocolate con leite e a mellor selección de améndoas enteiras é a base da deliciosa fórmula do bombón artesán Pedras de Santiago, que elabora artesanalmente Sancosa desde fai máis de dúas décadas. Froito deste traballo artesán xorde un bombón irregular de cremoso chocolate e améndoa que, a pesar dos intentos, resulta inimitable tanto pola calidade da súa materia prima como pola coidada elaboración de cada un destes deliciosos chocolates.
As Pedras de Santiago naceron “de forma casual”, tal como recoñece o seu creador, o compostelán Emilio Santasmarinas, e comezaron a comercializarse en xuño de 1992. Neste tempo lograron converterse en todo un símbolo da cidade e nun dos produtos máis demandados polos millóns de turistas que chegan a Compostela. Pero tamén se consolidaron entre os veciños, que cada vez máis elixen as Pedras de Santiago como agasallo ou como delicatessen coa que darse un capricho ou presumir cando as regalan.
O éxito foi tal que a pastelería La Perla, de Emilio Santasmarinas, converteuse nun referente da repostería compostelá, entre a que destacan a Torta de Santiago (a primeira en ter a denominación de orixe protexida) e o Tronco Xacobeo, ademais dunha gran variedade de bombóns artesáns como: Pedras de Hércules –elaboradas con chocolate negro–, Pedras de Covadonga –con sabor a tofe–, Perlas de Santiago –con chocolate branco– e os Caprichos do santo, un amendoado crocante, elaborado con améndoa rota, azucre moreno e clara de ovo. Unha exquisitez que está tendo un gran éxito.
E para quen non viven ou visitan habitualmente Santiago, as Pedras comercialízanse a través das mellores pastelerías e tendas especializadas, como a Boutique do Gourmet do Corte Inglés e algunhas tendas Audasa.
Porque, como ben di a súa lema, nestes tempos amargos, “nada mellor que tomar as nosas pedras para adozar a vida”.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 10 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)