PublicidadeUSC
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O Camiño de Santiago salva o sector turístico compostelán

fai 11 anos

Malia a difícil situación económica e das pesimistas previsións do sector hostaleiro e turístico, as cifras dos primeiros meses do ano deixan unha pinga de esperanza. Apréciase unha redución de aloxamento e gasto pero as cifras de visitantes e peregrinos ata melloraron con respecto a 2011, o que dá lugar a un certo optimismo.

Peregrinos agardando para selar a compostela

Segundo a Oficina de Atención ao Peregrino da Catedral de Santiago en abril deste ano selaron a súa compostela 599 peregrinos máis que o mesmo mes de 2011; en maio foron 1.933 peregrinos máis que o mesmo mes do ano anterior, e no primeiro semestre do ano selaron a súa credencial 67.473 peregrinos, case un 6 % máis que no mesmo período de 2011, o cal supón o segundo mellor rexistro da historia despois do récord do Xacobeo 2010. E de manterse a tendencia, o ano pecharase con outra marca para a historia. Estas cifras supoñen un alivio á difícil situación que atravesa o sector turístico motivada pola crise económica e que supuxo un importante descenso tanto nos aloxamentos como no gasto medio por estancia.

Isto implica que, pese á redución dun 0,85 % de ocupación en maio nos hoteis de Compostela con respecto ao mesmo mes do ano anterior, as pensións incrementaron a súa ocupación no mesmo período un 6,97 %. Desde a Secretaría Xeral para o Turismo tamén destacan que Galicia rexistrou no primeiro trimestre do ano 497.066 viaxeiros aloxados, un 1 % máis que no mesmo período de 2011 e un 3,4 % máis de excursionistas, polo que hai lugar para o optimismo. Non se renuncia a vir a Galicia aínda que o formato de viaxe cambia debido á situación económica.

Ademais, pese a esta difícil situación económica, o Hostal dos Reis Católicos rexistrou a pasada ponte de maio unha ocupación media do 87 %, o que o mantén como o buque insignia da hostalería galega e da rede nacional de Paradores e confirma o tirón xacobeo de Santiago.

Isto débese en gran medida ao aumento de peregrinos estranxeiros, moitos deles chegados ata de fóra da Unión Europea. Segundo os datos aportados polo punto de información turística do Camiño, a maioría de visitantes internacionais procede de Estados Unidos, con maior poder adquisitivo, seguido dos chegados de Francia, Holanda ou Alemaña. Así mesmo, a maioría dos que acoden de dentro da península chegaron desde Madrid, Cataluña, Andalucía ou País Vasco.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Hosteleria de Santiago

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeMultiusos Fontes do Sar