PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Amantes do Camiño reúnense no III Encontro Mundial de Peregrinos

fai 11 anos

Coincidindo co inicio do verán, peregrinos e amantes do Camiño de Santiago inundaron a cidade de Sevilla con motivo da celebración do III Encontro Mundial de Peregrinos. Ao longo de varios días celebráronse diversas actividades e relatorios relacionados con diversos aspectos solidarios da peregrinación.

Imaxe promocional do III Encontro Mundial de Peregrinos

Esta reunión comezou fai tres anos cun primeiro encontro celebrado en Valencia e co propósito de seguir reuníndose ata o ano 2021, data do próximo ano santo. O Xacobeo apoia a iniciativa, que este ano tivo como tema principal “A solidariedade e o Camiño”. Baixo este lema tratouse de recoñecer o labor de miles de persoas que traballan axudando a enfermos, persoas con diversidade funcional, desfavorecidos, afectados por algunha catástrofe, etc., e que empregan o seu tempo, traballo e esforzos a eles e ás súas causas.

O encontro deste ano “De Valencia 2010 a Santiago 2021” arrincou o 22 de xuño no albergue Triana coa degustación dunha gran paella valenciana elaborada pola organizadora, en honor á cidade de Valencia, sede do primeiro encontro. Ao longo da tarde repartíronse as acreditacións aos asistentes inscritos que durante o fin de semana participaron nas actividades propostas, como uns “mini Camiños” para visitar os recunchos máis emblemáticos da cidade andaluza.

Pero o acto central foi o encontro “Solidariedade en Camiño”, que inauguraron diversas autoridades da cidade de Sevilla e o presidente da Junta de Andalucía, José Antonio Griñán. E abriu os relatorios, Rosa Vázquez, representante do Xacobeo Galicia, que volveu ser o principal colaborador e maior apoio do Encontro.

Tamén houbo lugar para a exposición de proxectos solidarios, a cargo dos seus directores e creadores, desde a experiencia de Milagros García na denominada Economía Social co seu proxecto “En ti hai Camiño”, ata a aventura solidaria ao longo do Mundo “BiciAventura Solidaria” presentada por Antonio Henares e o seu equipo ou a experiencia humana dun pai, Javier Luque e o seu fillo Antonio con diversidade funcional, que nun triciclo adaptado percorren o Camiño. Tamén os bombeiros de “100 km por la Fibrosis Quística” ou o imaxinativo e sorprendente proxecto “Un Camiño solidario por Lorca”, a cargo de Manuel Lara, atleta altruísta e solidario. A clausura correu a cargo dunha misa coral oficiada polo Cabido na catedral de Sevilla, con bendición peregrina.

A organización deste Encontro Mundial de Peregrinos destacaron como unha “pequena idea” séguese transformando “en algo grande” e esperan que moita xente continúe participando destas reunións coas que tratan de intercambiar sensacións e recordos, aprender uns doutros e coñecer as “belas terras peregrinas”.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeClub Financero de Santiago

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeCamping As Cancelas