PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O Xacobeo e Begano asinan un acordo de colaboración para a plantación de árbores autóctonas no Camiño Inglés

fai 12 anos

O xerente do Xacobeo, José Paz, e o director comercial de Begano, José Picado, ratificaron un acordo de colaboración a través do cal Begano comprométese a plantar árbores autóctonas no Camiño Inglés ao seu paso polo Concello de Abegondo e o Xacobeo xestionará os permisos de plantación.

Tramo do Camiño Inglés

En virtude deste convenio, antes do 20 de decembro traballadores voluntarios da empresa Bebidas Gaseosas do Noroeste, S.A. procederán á plantación de castiñeiros, cerdeiras, acivros, ameixeiras e abeleiras, entre outras especies autóctonas, ao longo dun tramo do Camiño Inglés que percorre as parroquias de Limiñón, Meangos, Vilacoba, Folgoso e Sarandós.

O obxecto destas plantacións é formar pantallas vexetais de xeito que proporcionen sombra aos peregrinos e contribúan á beleza e á posta en valor das rutas xacobeas. Deste xeito Begano S.A. quere promocionarse como unha empresa comprometida coa conservación do Medio Ambiente, para o que xa puxo en marcha numerosos proxectos orientados a lograr a sostenibilidade, como campañas de sensibilización para os mozos ou a propia implicación do persoal de Begano para realizar plantacións.

Involucrar ás empresas na conservación das Rutas Xacobeas

Este convenio insírese dentro da estratexia da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo de involucrar a empresas privadas na divulgación, conservación e mantemento dos Camiños de Santiago. Para isto, ven celebrando dende marzo do pasado ano 2011 conversas coas empresas que patrocinaron o Xacobeo 2010.

Unha intervención semellante á que se realizará coa colaboración de Begano xa se executou o pasado mes de febreiro nos Camiños Francés e Portugués, coa colaboración da empresa Repsol.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeGadis

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeMultiusos Fontes do Sar