PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Unha ducia de Paradores ofrecen o Menú Peregrino, de Asís a Compostela

fai 9 anos

Un total de 12 establecementos adheridos á rede de Paradores ofrecen o Menú Peregrino, de Asís a Compostela con receitas elaboradas por 8 restauradores galegos con estrela Michelín.

Un total de 12 establecementos da rede de Paradores teñen a disposición dos seus clientes o Menú Peregrino, de Asís a Compostela, unha iniciativa gastronómica na que a Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, e Paradores colaboran no marco dos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago.

A directora de Turismo de Galicia e mais a presidenta de Paradores realizaron hoxe unha presentación desta iniciativa enogastronómica. Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, o Menú Peregrino resume a maridaxe perfecta entre o Camiño e a gastronomía e aglutina o mellor da tradición gastronómica galega cun dos elementos con maior potencialidade de internacionalización da nosa oferta turística como é o Camiño de Santiago. O Menú Peregrino, dixo, “conforma un novo reclamo para todos aqueles que queiran gozar da mellor cociña galega”.

Paradores en colaboración cos restauradores galegos con Estrella Michelin ofrecen a posibilidade de degustar un menú especial deseñado con motivo desta efeméride. No acto de Presentación-Degustación do menú interviñeron tamén unha representación dos cociñeiros galegos con Estrella Michelín que participan na iniciativa: Yayo Daporta, Pepe Solla, Javier Olleros, Manuel Costiña, Fernando Agrasar, Juan Crujeiras e Bea Sotelo.

Así, oito restaurantes galegos con Estrella Michelín elaboraron as receitas que conforman este Menú Peregrino, de Asís a Compostela. Os restaurantes son:

-A ESTACIÓN  (Cambre - A Coruña). Beatriz Sotelo y Xoán Crujeiras

-ÁRBORE DA VEIRA  (A Coruña). Luis Veira

-AS GARZAS (Malpica de Bergantiños - A Coruña). Fernando Agrasar

-CASA SOLLA (Poio - Pontevedra). Pepe Solla

-CULLER DE PAU (O Grove -Pontevedra). Javier Olleros

-RETIRO DA COSTIÑA (Santa Comba - A Coruña). Manuel Costiña

-PEPE VIEIRA CAMIÑO DA SERPE (Poio - Pontevedra). Xosé Cannas

-YAYO DAPORTA  (Cambados - Pontevedra).Yayo Daporta

A todos eles, únese o xefe do cociña do Parador Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, José Gómez, coa achega dun aperitivo elaborado para a ocasión. O especial Menú Peregrino, de Asís a Compostela pódese degustar en 12 establecementos da rede de Paradores ao longo do ano (dende maio xa pode degustarse).

O Paradores que colaboran neste programa son os seguintes: en Aragón, o Parador de Bielsa; en Navarra, Parador de Olite; en La Rioja, Parador de Santo Domingo de la Calzada; en Castela e León, Paradores de Lerma, de Cervera de Pisuerga, de Benavente e de León. Xa en Galicia, o Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, o de Baiona, o de Cambados e mais o de Ribadeo, así como o Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela.

Enogastronomía na oferta turística de Galicia

A directora de Turismo destacou na súa intervención durante a presentación desta iniciativa que a enogastronomía constitúe xunto co Camiño de Santiago e o patrimonio natural e cultural, un dos máis relevantes valores diferenciais que fan de Galicia un destino único.

Resaltou tamén a súa potencialidade como atractivo turístico en si mesmo e en combinación con outros produtos turísticos, así como o feito de que Galicia conte coa maior variedade de froitos do mar do mundo e de que sexa o primeiro produtor e consumidor español de peixe, así como que contemos con produtos distinguidos pola súa calidade certificada.

Ademais de contar con 11 restaurantes con Estrella Michelin –a 5ª comunidade do Estado– e con 29 Soles Repsol, Galicia dispón de 51 establecementos de restauración con Q de Calidade Turística.

A directora de Turismo recalcou a presenza da enogastronomía como recurso endóxeno no Plan Integral de Turismo de Galicia, así como algunhas accións a impulsar en relación con este produto turístico no marco do citado plan.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeApecsa

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeRestaurante O Dezaseis