Hostelería Compostela asina un convenio para potenciar a Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla
fai 12 anos
O presidente da sección de hospedaxe de Hostelería Compostela, José Manuel Otero, asina hoxe un convenio de colaboración coa Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.
Barcos facendo a Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla
O obxectivo deste convenio, que será asinado na Cámara de Comercio de Santiago, é potenciar o camiño marítimo fluvial da ruta xacobea do mar de Arousa e Ulla. O acordo permitirá poñer a disposición do turista a riqueza do legado histórico, patrimonial, paisaxístico, medioambiental e gastronómico que atesoura a Ría de Arousa e o río Ulla ata Santiago.
Ao convenio sumaranse, ademais, a Cámara de Comercio, a Asociación de Cámaras dos Camiños Xacobeos e Santiago Centro Área Comercial.
Este proxecto pretende aproveitar a tradicional e histórica vinculación entre Santiago e Padrón, ofrecendo aos peregrinos, turistas e visitantes un atractivo máis de ida e volta coa visita ao único Via Crucis marítimo-fluvial do mundo e ao pedrón, no que, segundo a tradición se amarrou a barca que trasladaba os restos do Apóstolo Santiago.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)