PublicidadeCamara de comercio
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Hostelería Compostela presenta o Espazo Enogastronómico dos Camiños De Santiago

fai 12 anos

Este proxecto dinamizador nace para divulgar e poñer en valor o enorme potencial enogastronómico dos Camiños de Santiago e fomentar o desenvolvemento rural en Galicia a través das rutas xacobeas.

O Pino é un dos últimos concellos do Camiño Francés antes de chegar a Compostela

Durante a mañá terá lugar a presentación no Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela (rúa Salvadas, 29-31) e pola tarde haberá unha  visita ás instalacións do Espazo Enogastronómico dos Camiños de Santiago, situadas en Arca, O Pino.  

Estes actos van contar coa presenza do secretario xeral de Agader, Antonio Crespo, o xerente do Xacobeo, José Paz, os presidentes de Hostelería Compostela, José Manuel Otero e Jesús Sordo, así como o xerente deste colectivo empresarial, Andrés Condide e outros membros das xuntas directivas e empresarios do sector turístico.

O Espazo Enogastronómico dos Camiños de Santiago xa é unha realidade, grazas ao apoio de Agader a este proxecto, pioneiro en Galicia, que foi creado, ideado e desenvolvido por Hostelería Compostela para converterse nun espazo de referencia para a divulgación e a posta en valor da enogastronomía de Galicia a través dos Camiños de Santiago.

As instalacións do Espazo Enogastronómico dos Camiños de Santiago están no concello do Pino en Rúa (Arca), antesala da chegada a Compostela polo Camiño Francés, onde Hostelería Compostela xestiona tamén unha Oficina de Atención ao Peregrino ao pé da ruta xacobea máis coñecida e transitada. 

Esta tarde celebrarase xa nese centro unha das primeiras actividades, as clases prácticas do curso de cociña tradicional galega, no que participan 25 persoas e que está sendo impartido por Rafael García Triñanes, xefe de cociña do Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela. 

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeMuseo das peregrinacions

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeCasa Pepe