logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Rúa da Acibechería

Rúa da Acibechería

Esta rúa debe o seu nome a que nela se concentraron os talleres e tendas de acibeche, enigmática pedra negra desexada e adquirida polos peregrinos en forma de conchas, imaxes de Santiago, rosarios, figas, etc. Segue conservando parte desta tradición.

Mercadores e cambiadores

A rúa coa historia máis heteroxeneamente xacobea da cidade. Esta vía non só ofrecía e ofrece a emoción da primeira vista das portas da catedral aos peregrinos do Camiño Francés. Ademais propoñíalles todo tipo de servizos, xa que na Idade Media estaba dedicada integramente a eles.
Aquí vendíanse emblemas e recordos xacobeos, elaborados principalmente en acibeche, vestimentas e obxectos en coiro –cintos, chapeus, zurróns, etc.–; fabricábase e cambiábase moeda estranxeira; e ofrecíanse e voceábanse todo tipo de hospedaxes.

Hospital de Xerusalén e os Armenios

Tamén era unha rúa hospitalaria. O exemplo atópase na rúa de Xerusalén. Debe o seu nome a que nela funcionou o hospital dos peregrinos orientais, os máis afastados que recibía a catedral. Situábase no ángulo que forma esta vía coa propia Acibechería e nel acollíase aos devotos chegados de Palestina e Armenia, este segundo un dos primeiros países cristiáns do mundo.
Na súa capela oficiábase misa nos ritos orientais, como o armenio. Pertenceu á Orde do Santo Sepulcro de Xerusalén e á catedral. Crese que perdurou ata comezos do século XVI.


Subir foto
Subir foto
Seleccionar arquivo
...

Engadir comentario

Fotos dos usuarios

Comentarios

Responder
Gústame

clara rodriguz

fai 10 anos

sgue la flecha

0 ver 0 respostas


Engadir comentario

Responder
Gústame

Nemesio G. L.

fai 11 anos

tampoco es un mal lugar para tomar un aperitivo tras la visita a la catedral esta calle es muy especial

0 ver 0 respostas


Engadir comentario

Responder
Gústame

peregrino del mundo

fai 11 anos
muro de las lamentaciones en Jerusalem

y no olvideis visitar la callejuela de Jerusalen que sale de esta calle y que conecta Compostela con otra de las ciudades más increibles del mundo

muro de las lamentaciones en Jerusalem
1 ver 0 respostas


Engadir comentario

Responder
Gústame

maría gonzalez

fai 11 anos

la magia de la llegada

0 ver 0 respostas


Engadir comentario

Volver ao plano