Hospital de San Miguel
Rúa das Casas Reais (actuais nº 23 e 25)
Aquí estivo o hospital de San Miguel ou da nosa Señora do Camiño, creado no século XIV para acoller a peregrinos e pobres, que recibían atención gratuíta durante un tempo indeterminado. Compostela tivo diversos hospitais para camiñantes ao longo dos séculos.
A pequena solidariedade
Santiago contou con varios pequenos hospitais que atendían aos peregrinos pobres e enfermos. Constátase polo menos unha ducia. Representaban a solidariedade da cidade cos visitantes que lle daban o prestixio, a vida e a súa razón de ser. Neles recibían case sempre unha atención moi rápida, pero polo menos contaban cun teito baixo o que refuxiarse nunha urbe onde a choiva era frecuente.
Promovíanos e sustentábanos diversas entidades relixiosas e civís. A hospitalidade cos peregrinos, vistos como unha representación de Xesús na terra –“Eu son o camiño”, dixo este–, era moi valorada e a ela recorrían os máis podentes para congratularse con Deus.
O primeiro hospital
Un destes hospitais foi o de San Miguel, fundado cos bens testamentarios dun cóengo da catedral a principios do século XV. Estivo vinculado á inmediata igrexa de Santa María do Camiño. No seu tempo, era o primeiro albergue no que podían residir os peregrinos ao entrar na cidade. Atendía aos que chegaban sen recursos e aos que podían pagar a súa comida. Contou con biblioteca con libros en distintos idiomas para os peregrinos.
Comentarios
Diego López
fai 13 anos
el camino siempre presente
Romay
fai 13 anos
llegada al SANTIAGO más auténtico
Xan
fai 13 anos
este nin sequera existe pero hai outro, o de San Roque, que aínda que se converteu nun edificio administrativo merece unha mencion. Do seculo XVI e con reformas no XVIII dedicouse a este santo porque a el se encomendaban os enfermos da peste negra.
Maite
fai 13 anos
un descansito al lado de la iglesia de las Ánimas. no dejen de visitarlo
Alfredo
fai 13 anos
pese á chuvia, seguen chegando peregrinos a Compostela.
