Rúa da Fonte dos Concheiros
			Rúa da Fonte dos Concheiros
Esta rúa debe o seu nome á existencia dunha fonte na que bebían os peregrinos (en galego, popularmente, 'concheiros', portadores de conchas). Está situada na entrada do Camiño Francés na cidade actual.
Antes de entrar na cidade
Ao chegar a esta rúa, ata fai unhas décadas un simple camiño despexado, os peregrinos eran observados a distancia achegándose á cidade. “Chegan os concheiros” –“Chegan os peregrinos”– anunciaban en galego os composteláns, que aproveitarían tamén para ofrecerlles conchas e outros produtos a pé de vía antes de entrar na zona urbana.
A auga e a concha
A fonte orixinal dos peregrinos desapareceu, pero a actual Rúa da Fonte dos Concheiros aporta un dobre significado xacobeo. Recorda o vitais que eran as fontes para os peregrinos –a auga era o sustento máis valorado do Camiño– e a relevancia case sagrada que outorgaban á concha de vieira, símbolo xacobeo esencial sempre visible na vestimenta destes camiñantes, de aí o modo en que os citaban os composteláns.
O nome desta rúa tamén alude a outra confluencia: a concha era moi útil para beber a auga coa que acougar a sede e, ao mesmo tempo, considerouse, quizais case desde o inicio da peregrinación, símbolo de fertilidade espiritual e das boas obras que o Camiño representaba.
Comentarios
xian
fai 12 anos
												de festas
tom
fai 12 anos
todo o ano hai pelegrins pero agora xa empeza a tempada grande e a rua enchese de cami?antes
sandra abad
fai 12 anos
las últimas marcas
María
fai 12 anos
debería ter un maior coidado posto que é a primeira imaxe que recibe o peregrino de Santiago e en zonas deixa que desexar
juan francisco
fai 12 anos
												entrando ya en santiago!!!!!!! que cerca se siente
